- REALIZAMOS TÓDOLOS TRÁMITES NECESARIOS PARA A CONSTITUCIÓN DA COMUNIDADE
Legalización de libros, obtención do CIF, apertura de conta bancaria, contratación dos servizos necesarios…
- VELAMOS POLO BO FUNCIONAMENTO DA COMUNIDADE
Coidamos do bo réxime do inmoble, as súas instalacións e servizos, facendo para estes efectos as oportunas advertencias e apercibimentos aos propietarios.
- ELABORACIÓN DO PRESUPOSTO
Estudo e confección do presuposto tendo en conta os gastos previsibles. O preparamos coa debida antelación para sometelo á Xunta, propoñendo os medios necesarios para facer fronte a aqueles. Enviámolo a cada propietario e unha vez aprobado facemos un seguimento permanente do seu cumprimento.
- CONSERVACIÓN E MANTEMENTO
Atendemos á conservación do inmoble, dispoñendo as reparacións e medidas que resulten urxentes, dando inmediata conta de elas ao Presidente ou, no seu caso, aos propietarios. Realizamos unha revisión periódica das instalacións comunitarias para comprobar o seu estado e, no caso de detectar algunha deficiencia ou recibir un aviso por parte dalgún propietario, damos parte ao provedor de servizos correspondente para que proceda a súa corrección.
- REUNIÓNS DA XUNTA DE PROPIETARIOS
Redacción, emisión e envío a cada propietario das convocatorias das Xuntas. Asistimos a elas, realizando funcións de asesoramento e moderación.
- EXECUCIÓN DE ACORDOS, COBROS E PAGOS
Executámolos acordos adoptados en materia de obras e efectuámolos pagos e realizámolos cobros que sexan procedentes.
- ACTUAR COMO SECRETARIO DA XUNTA DE PROPIETARIOS
Redactamos as actas e as remitimos a cada propietario. Expedimos certificados. Ocupámonos tamén de custodiar a disposición dos propietarios a documentación da comunidade.
- TRAMITACIÓNS
Tramitamos e xestionamos os asuntos que incumben á comunidade ante as distintas Administracións Públicas.
- PROTECCIÓN DE DATOS
Inscribimos, gratuitamente, o ficheiro de propietarios no Rexistro Xeral de Protección de Datos.
- SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL
Concertado coa compañía AIG EUROPE LIMITED.